Archivos mensuales: Abril 2011

  1. CAMPAÑA DE ANIMACIÓN LECTORA EN SANTIAGO: CLAUSURA

    A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago chegou ao seu fin. Nenos e nenas, pais e nais, asistiron á derradeira sesión de contos e música celebrada na Galería Sargadelos. O invitado especial da actividade foi o profesor e escritor Toño Núñez, autor do álbum “Mago Goma”, incluido no repertorio das sesións e na exposición de ilustracións. Dende o pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reuniu a milleiros de escolares e adultos nestas xornadas multidisciplinares organizadas polo Departamento de Educación do Concello e mais Kalandraka Editora.

    ------------------------------------------------

    La XI Campaña Municipal de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago llegó a su fin. Niños y niñas, padres y madres, asistieron a la última sesión de cuentos y música celebrada en la Galería Sargadelos. El invitado especial de la actividad fue el profesor y escritor Toño Núñez, autor del álbum “Mago Goma”, incluido en el repertorio de las sesiones y en la exposición de ilustraciones. Desde el pasado 14 de marzo, “Contando e cantando coa Familia C” reunió a miles de escolares y adultos en estas jornadas multidisciplinares organizadas por el Departamento de Educación del Ayuntamiento y Kalandraka Editora.

    Lee mas »
  2. CLAUSURA DA XI CAMPAÑA DE ANIMACIÓN É LECTURA DE SANTIAGO

    A XI Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e KALANDRAKA, chega mañá sábado ao seu fin. “Contando e cantando coa familia C”, que tomara o seu lema da obra gañadora do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, titulado “A familia C”, comezou o pasado 14 de marzo. Dende esa data sucedéronse as sesións de contos e música para escolares da bisbarra compostelá, as visitas guiadas á exposición de ilustracións, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as visitas ás escolas infantís, as sesións de contos para bebés, as xornadas formativas para o profesorado e as sesións de animación á lectura para familias. O colofón a todo este abano de actividades será unha sesión especial de contacontos e música que se celebrará mañá, sábado 30 de abril, a partir das 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Santiago. A festa continuará no Liceo Casino de Santiago, coa participación do alumnado da Escola Municipal de Música.

    Lee mas »
  3. NA FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO

    Mañá, 30 de abril, comeza a XXX Feira do Libro de Santiago, que se vai celebrar ata o domingo 8 de maio nunha carpa instalada no Paseo Central da Alameda. No programa de actividades destaca a celebración dun concerto protagonizado polo grupo PESDELÁN para presentar o libro-cd-dvd “Na punta do pé” (KALANDRAKA), que xa vai pola súa segunda edición dende o seu lanzamento hai tan só catro meses. O espectáculo, destinado a público de todas as idades, será o domingo 1 de maio a partir das 18:00 horas, con acceso libre e de balde.

    "...Unha obra orientada a público de todas as idades para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo".

    Lee mas »
  4. EXPOSICIÓN DE BELÉN PADRÓN EN VIGO

     

    Mañá venres, ás 20:00 horas na Galería Dua2 de Vigo (Marqués de Valladares, 25), inaugúrase a exposición da artista plástica Belén Padrón. “La efigie del solitario” é o título desta mostra pictórica, que se poderá visitar ata o 30 de maio.

    Belén Padrón (Oviedo, 1976) é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na que acadou o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Actualmente reside en Lanzarote, onde

    Lee mas »
  5. CONCERTO DE 'NA PUNTA DO PÉ' NA CIDADE DA CULTURA

    http://www.youtube.com/watch?v=axTg2zC-Sx8

    Este venres a partir das 19:00 horas, na Cidade da Cultura, o grupo Pesdelán vai ofrecer un concerto baseado nas pezas do libro-cd-dvd "Na punta do pé", editado por KALANDRAKA con ilustracións de Joao Vaz de Carvalho. O espectáculo vai contar coa presenza dun equipo do programa

    Lee mas »
  6. 11º ANIVERSARIO DE 'LIBROS PARA SOÑAR'

     

    LIBROS PARA SOÑAR vén de cumprir o seu 11º aniversario e vaino celebrar cos lectores, ao longo de toda esta semana, con actividades especiais de promoción e de animación á lectura. Para mañá, mércores día 27 ás 17:30 horas, está programada unha sesión de contos para bebés de cero a tres anos. O venres 29 ás 18:30 horas, os nenos e nenas a partir de catro anos serán os protagonistas da sesión habitual de animación á lectura, na que se sortearán varios lotes de libros. Durante estes días, tamén se van aplicar descontos pola compra de libros.

    Unha das novidades que incorpora a libraría para intensificar a súa relación cos lectores, é a creación da páxina LIBROS PARA SOÑAR en Facebook. Coa súa incorporación ás redes sociais, LIBROS PARA SOÑAR dótase dunha ferramenta máis para seguir contribuindo ao dinamismo comercial do Casco Vello vigués.

    Lee mas »
  7. SANTI JORDI: BARCELONA (II)

    ...Rosas, libros, lectores. El día de Sant Jordi es uno de los mayores acontecimientos culturales del año en Barcelona. En la Trovada d’Il•lustradors, organizada por Casa Anita en la Plaza de Salmerón, participaron creadores como Paloma Valdivia (“Los versos del libro tonto”, “Los de arriba y los de abajo”, “Gabriela Mistral, antología poética”) y Gusti (“Ecuador, cuaderno de viaje”). La afluencia de público a los puestos de las librerías fue constante y las calles se colapsaron con la avidez de la lectura. Entre la marea de títulos que inundó la ciudad sobresalían las ediciones de KALANDRAKA y FAKTORÍA K: audaces, vistosas, sugerentes.

    Lee mas »
  8. 23 DE ABRIL, LIBROS MIL!

      Descargar documento en PDF: "23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO".

    Lee mas »
  9. SANT JORDI: BARCELONA

    En PDF: "23 D'ABRIL, DIADA DE SANT JORDI".

    Trobada d'Il·lustradors (Casa Anita): Pla de Salmerón

    GUSTI: "Cuaderno de viaje, Ecuador".

    PALOMA VALDIVIA: "Els de

    Lee mas »
  10. EN BUENOS AIRES | EN BOS AIRES

    Hoy comienzan las 27ª Jornadas Profesionales previas a la apertura, mañana día 20, de la 37ª Feria del Libro de Buenos Aires. Los Libros para Soñar de KALANDRAKA estarán presentes en esta gran cita con la literatura y la cultura hasta en tres localizaciones distintas dentro de La Rural Predio Ferial, donde se celebran las actividades: el stand 5006 de la Federación de Gremios de Editores de España, en el pabellón Rojo; en el stand 1710 (calle 12) de la Asociación Galega de Editores, en el Pabellón Amarillo; y en el stand 1618 (calle 31) de Iamiqué Ediciones, situado también en el Pabellón Amarillo. Los autores e ilustradores argentinos tendrán un especial protagonismo en esta ocasión: Vanina Starkoff (Bailar en las nubes), Natalia Colombo (Cerca), Cecilia Afonso (Las que llevan), Jorge Luján (¡Oh, los colores!), Rebeca Luciani (La nube de Martín, La sonrisa de Daniela), Silvio Freytes (Solo un segundo), Pablo Bernasconi (El zoo de Joaquín, 27 historias para tomar la sopa), Pablo Prestifilippo (Manual de calcetines salvajes, Instrucciones para despertar a una silla dormida, Catálogo de objetos traviesos), Gusti (Cuaderno de viaje: Ecuador), Nicolás Arispe (El insólito ascenso de Madame Pôl).

    ----------------------------------

    Hoxe comenzan as 27ª Xornadas Profesionais previas á apertura, mañá día 20, da 37ª Feira do Libro de Bos Aires. Os Libros para Soñar de KALANDRAKA estarán presentes nesta gran cita coa literatura e coa cultura ata en tres localizacións distintas dentro de La Rural Predio Feria, onde se celebran as actividades: no stand 5006 da Federación de Gremios de Editores de España, no pabellón Vermello; no stand 1710 (rúa 12) da Asociación Galega de Editores, no Pabellón Amarelo; e no stand 1618 (rúa 31) de Iamiqué Ediciones, situado tamén no Pabellón Amarelo. Os autores e ilustradores arxentinos terán un especial protagonismo nesta ocasión: Vanina Starkoff (Bailar nas nubes), Natalia Colombo (Cerca), Cecilia Afonso (Elas), Jorge Luján (Oh, as cores!), Rebeca Luciani (A nube de Martín, O sorriso de Daniela), Silvio Freytes (Só un segundo), Pablo Bernasconi (O zoo de Xoquín, 27 historias para tomar a sopa), Pablo Prestifilippo (Manual de calcetíns salvaxes, Instrucións para espertar a unha cadeira durmida, Catálogo de obxectos rebuldeiros), Gusti (Cuaderno de viaje: Ecuador), Nicolás Arispe (O insólito ascenso de Madame Pôl).

    Lee mas »
Página