Archivos mensuales: Mayo 2012

  1. 'PEONZA': 25 ANIVERSARIO, 100 NÚMEROS

    Llegaba a su fin el año 1986 cuando nació la Revista Peonza, en el contexto del Programa de Educación Compensatoria dirigido a dotar de medios materiales y humanos las escuelas rurales de Cantabria. La carencia de materiales informativos sobre animación a la lectura, dinamización de las bibliotecas escolares y aprovechamiento de recursos bibliográficos, motivó que Peonza surgiera entonces como un intento de atender la demanda de información, a escala regional. Pasaron 25 años: la revista cuyo primer número se fabricó artesanalmente a base de máquina de escribir, tijeras, pegamento y fotocopiadora, ya ha cumplido 100 entregas con un diseño moderno e interesantes contenidos que firman expertos en educación, críticos literarios, profesionales del mundo del libro y la edición, y su alcance abarca todo el territorio estatal.

    ------------------------------------------------

    Remataba o ano 1986 cando naceu a Revista Peonza, no contexto do Programa de Educación Compensatoria dirixido a dotar de medios materiais e humanos as escolas rurais de Cantabria. A carencia de materiais informativos sobre animación á lectura, dinamización das bibliotecas escolares e aproveitamento de recursos bibliográficos, motivou que Peonza xurdira daquela como un intento de atender a demanda de información, a escala rexional. Pasaron 25 anos: a revista cuxo primeiro número se fabricou artesanalmente a base de máquina de escribir, tesoiras, pegamento e fotocopiadora, xa cumpriu 100 entregas cun deseño moderno e interesantes contidos que asinan expertos en educación, críticos literarios, profesionais do mundo do libro e da edición, e o seu alcance abarca todo o territorio estatal.

    Lee mas »
  2. CLAUSURA DA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    Nenos e adultos participaron este pasado fin de semana na sesión especial de contos e música celebrada na Galería Sargadelos de Santiago con motivo da clausura da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura do Concello de Santiago que organizan o Departamento de Educación e KALANDRAKA. A actividade estivo amenizada por profesores e alumnos da Escola Municipal de Música, que interpretaron diversas composicións intercaladas no repertorio de contos: "Nadarín", de Leo Lionni; "Críctor", de Tomi Ungerer; e "Paco", de Paula Carballeira e Blanca Barrio, na voz dos narradores de Kalandraka. O ilustrador Marc Taeger debuxou en directo unha adaptación ao estilo chinés de "A verdadeira historia de Carapuchiña", mentres Olalla González contaba a historia.

    Dende o pasado mes de abril, a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema "Unha viaxe de ida e volta", realizou ducias de sesións de contos e música, de obradoiros de ilustración e de escrita creativa, que chegaron a milleiros de escolares dos centros educativos de Santiago. O programa tamén incluíu actividades formativas para pais e nais, profesorado e especialistas; así como sesións de contacontos para bebés e tamén para público familiar.

    Toda esta intensa programación desenvolveuse no marco escénico dunha exposición de ilustracións de artistas internacionais e de obxectos relacionados, que consta de imaxes dos seguintes libros: "A viaxe de Olaf", do urugauio Martín León Barreto (IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado), "Que che gustaría ser?", da italiana Arianna Papini (finalista do certame); "O león Kandinga", da zaragozana Elisa Arguilé (Premio da Fundación CJ de Cultura de Corea); "O nacemento do dragón", da francesa Catherine Louis; "Letras nos cordóns", da italiana Marina Marcolin; e "Celso Emilio Ferreiro, escolma poética", do galego Baldo Ramos, co gallo do centenario do nacemento do escritor celanovés.

    Lee mas »
  3. FERIA DEL LIBRO DE MADRID: BONI & MARTÍN

    La caseta de KALANDRAKA en la Feria del Libro de Madrid ha recibido muchas visitas este fin de semana, cuando aún se están dando los primeros compases de esta gran cita pro-lectora. Hasta la caseta 139 se acercaron el narrador camerunés Boniface Ofogo, autor de “El león Kandinga”, para firmar ejemplares de este álbum basado en un cuento popular africano, que fue premiado por la Fundación CJ de Cultura de Corea y distinguido en el certamen italiano Città di Bella. También recibimos al ganador del IV Premio Internacional Compostela, el uruguayo Martín León Barreto, q

    Lee mas »
  4. EN MADRID: PRESENTACIÓN DE ALF·ABETO + FERIA DEL LIBRO

    [TÍTULOS RECOMENDADOS EN LA FERIA DEL LIBRO DE MADRID 2012: Documento PDF]

    Del viernes 25 de mayo al domingo 10 de junio el Parque del Retiro se llena de letras, páginas y lectores. KALANDRAKA es uno de los más de 300 expositores de esta 71ª Feria del Libro de Madrid, en la que Italia es el país invitado. Los Libros para Soñar se encuentran en la caseta 139, un espacio muy céntrico en el que se recibirá la visita de varios autores e ilustradores que firmarán ejemplares de sus obras:

    BONIFACE OFOGO ("El león Kandinga", Premio Fundación CJ de Cultura de Corea) ... Sábado 26 de mayo, de 18:30-20:00 horas.

    MARTÍN LEÓN BARRETO ("El camino de Olaj", IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado) ... Domingo 27 de mayo, de 12:00-14:00 horas.

    DAVID PINTOR ("Compostela", "Hércules y Crunia", "Almanaque musical" 2º Premio de la Feria Internacional de Literatura Infantil y Juvenil De Sharjah, "Cuentos para niños que se duermen enseguida" Premio Neira Vilas de Libro Infantil 2010 y The White Ravens, "Minimalario") ... Sábado 2 de junio, de 12:00-14:00 horas.

    BEATRIZ GIMÉNEZ DE ORY ("Los versos del libro tonto", III Premio Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños) ... Sábado 2 de junio, de 18:30-20:00 horas.

    OLALLA GONZÁLEZ & MARC TAEGER ("Garbancito", "Chivos Chivones", "La verdadera historia de Caperucita" Premio Daniel Gil de Diseño Editorial 2005, "Aquiles el puntito", "Arturo") ... Martes 5 de junio por la mañana y miércoles 6 de junio de mañana y de tarde.

    BEATRIZ OSÉS ("El secreto del oso hormiguero", I Premio Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños) ... Sábado 9 de junio, a las 11:00 horas.

    ANTONIO RUBIO ("7 Llaves de cuento", colección "De la cuna a la luna" para pre-lectores, "El pollito de la avellaneda", "La mierlita", "Almanaque musical") ... Sábado 9 de junio, por la mañana.

    PEDRO VILLAR ("El pastor de nubes") & MIGUEL ÁNGEL DÍEZ ("El pastor de nubes", "El secreto del oso hormiguero") ... Sábado 9 de junio, de 17:00-19:30 horas.

    EMILIO URBERUAGA ("Las cuatro estaciones") ... Domingo 10 de junio, de 12:00-14:00 horas.

    También estarán en la caseta de KALANDRAKA, pendientes de confirmar la fecha, otros autores e ilustradores como JUAN VIDAURRE ("Imagina animales"), CARMEN MONTALBÁN ("Estás en la Luna") o JOEL FRANZ ROSELL, que presenta un nuevo libro, "Gatito y el balón", que se suma a títulos como "Pájaros en la cabeza", "Don Agapito el apenado" y "El paraguas amarillo".

    Además, PUÑO firmará ejemplares de "ALFabeto" en la caseta 101 de la librería Panta Rhei, el sábado 26 de mayo a las 13:30 horas. Su libro se presentó recientemente en la librería La Central de Madrid.

    Lee mas »
  5. CLAUSURA DA XII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA DE SANTIAGO

    A XII Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, chega estes días ao seu fin dende que, o pasado 16 de abril, comezaran a desenvolverse as sesións periódicas de contos e música para escolares, os obradoiros de escrita creativa e de ilustración, as sesións de contacontos para bebés e as xornadas formativas para adultos, ademais da exposición de ilustradores internacionais que aínda se pode visitar ata o 31 de maio na Galería Sargadelos, en horario comercial. Mañá sábado, a partir das 12:00 horas, realizarase a derradeira actividade aberta ao público: unha sesión especial de contos que estará amenizada polos alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música.

     

    Lee mas »
  6. FERIA DEL LIBRO DE SEVILLA, CON 'TOTO MURUBE' Y OTROS CUENTOS

    Acaba de finalizar una nueva -y calurosa- edición de la Feria del Libro de Sevilla, en la Plaza Nueva. Los Libros para Soñar de KALANDRAKA, un año más, habitaron durante estos días en una acogedora caseta conjunta con la librería Rayuela Infancia, auténtico imán para lectores pequeños y adultos. Hasta aquí se acercaron el autor y el ilustrador de "La hora de los relojes", Fran Nuño y Enrique Quevedo, para firmar ejemplares de este poemario, o el autor de "La cocina de Toto Murube", José Antonio Ramírez Lozano, que con este nuevo libro protagonizó, además, una de las presentaciones del programa de actividades.

    Lee mas »
  7. ECOS DE LA 38ª FERIA INTERNACIONAL DEL LIBRO DE BUENOS AIRES

    Arte a babor, Ediciones del eclipse, Ediciones Iamiqué, Kalandraka, Libros del Zorro Rojo, Pequeño Editor. Seis editoriales independientes, unidas por la pasión de publicar buenos libros, iniciaron un diálogo con docentes, bibliotecarios, promotores de lectura, libreros, ¡entusiastas del le

    Lee mas »
  8. PRESENTACIÓN DE 'OS ÁNGULOS DA BRASA' EN PONTEVEDRA

     

    Aventura interior, espazo emocional, ordenamento do caos... así é a poesía para Manuel Álvarez Torneiro, un xénero que, para él, ten “tantas lecturas como lectores”. Mañá, martes 22 ás 20:00 horas, o autor de “Os ángulos da brasa” presenta este seu último poemario na Casa das Campás de Pontevedra, xunto coa escritora Fina Casalderrey e o coordinador da colección Tambo, Luís Rei Núñez.

    Lee mas »
  9. PRESENTACIÓN DE 'ALÉN DA FRONTEIRA' EN SANTIAGO E VIGO

    Embaixadores das letras, da música e da cultura vascas, o escritor Jose Angel Irigaray, o cantautor Ruper Ordorika e o intérprete Arkaitz Miner, xunto co editor de Pamiela, Pello Elzaburu, pasaron por Galicia ao abeiro da antoloxía “Alén da fronteira, sete poetas vascos”, editada por FAKTORÍA K coa tradución ao galego de Isaac Xubín. A obra de Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga, Tere Irastortza, Xabier Lete, Xabier Montoia e Joseba Sarrionandia atopou, na colección Tambo, unha canle oportuna para achegarse ao público de Galicia, contribuíndo así a minguar o descoñecemento existente da literatura en éuscaro.

    ...Porque o camiño á inversa, dende o galego ao éuscaro, xa estaba feito...

    Lee mas »
  10. COLECCIÓN TAMBO: PRESENTACIÓNS NA CORUÑA, SANTIAGO, VIGO E PONTEVEDRA

    A colección Tambo de poesía, incluida no catálogo do selo FAKTORÍA K, encadea nestes días un ronsel de presentacións para dar a coñecer en catro cidades galegas -A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra- a última obra de Manuel Álvarez Torneiro, “Os ángulos da brasa”, e a antoloxía “Alén da fronteira, sete poetas vascos”, que reúne as composicións de Luigi Anselmi, Bernardo Atxaga, Jon Gerediaga, Tere Irastortza, Xabier Lete, Xabier Montoia e Joseba Sarrionandia, traducidos á nosa lingua por Isaac Xubín.

    Manuel Álvarez Torneiro será o protagonista da presentación de “Os ángulos da brasa”, esta tarde -venres 11- a partir das 20:00 horas en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña. Neste acto participarán tamén a profesora e crítica literaria Teresa Seara, e o director da colección Tambo, Luís Rei Núñez.

    Dividido en tres partes -‘Trama de vida’, ‘Terreal e sagrado’, e ‘Tapiz de cinsa’- este poemario presenta 67 composicións que botan unha ollada reflexiva sobre a cotidianeidade, que comparten emocións íntimas e xogan coa dimensión simbólica da palabra. Álvarez Torneiro proxecta en “Os ángulos da brasa” todo o seu caudal lírico na súa teimuda batalla «contra o mundo e a favor da vida».

    Manuel Álvarez Torneiro (A Coruña, 1932) traballou durante moitos anos no eido do xornalismo. Mantén unha actividade poética ininterrumpida dende o seu debut serodio, coa obra “Memoria dun silencio” (1982). A súa traxectoria inclúe os títulos “Rigorosamente humano” (1995, Premio Esquío), “Luz de facer memoria” (1999, Premio González Garcés e Premio da Crítica Española) e “Campo segado” (2001). A estes súmanse tamén os tres libros editados na colección Tambo: “Epicentro” (2003, finalista do Premio Nacional de Poesía), “Setembro Stradivarius” (2004) e “Parábola do incrédulo” (2006).

    “Alén da fronteira, sete poetas vascos” é unha edición bilingüe éuscaro-galego que teremos a oportunidade de coñecer da man -e da voz- do cantautor Ruper Ordorika, acompañado polo músico Arkaitz Miner, aos que se vai sumar o prologuista da obra, Jose Angel Irigaray. Este luns 14 de maio a partir das 20:00 horas, a Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago acollerá un recital de músicas e versos con acento éuscaro, que escoitaremos tamén en galego coa colaboración de Luís Rei Núñez.

    No limiar de “Alén da fronteira”, Irigaray xa dá conta das influencias que máis pesan na creación poética destes autores: dende a bagaxe da poesía tradicional, o simbolismo, o formalismo e o surrealismo, até novos estilos relacionados coa ruptura e a liberdade, a experimentación ou mesmo a xeración beat. Malia teren idades, cualidades e traxectorias distintas, os sete poetas desta antoloxía -publicados en éuscaro pola editorial Pamiela- están unidos por unha lingua milenaria na que expresan as súas inquedanzas literarias.

    A poesía vasca, insuficientemente divulgada alén das súas fronteiras -de aí o título do libro-, achégase así ao público galego para xerar un maior interese por parte dos lectores, neste mes das letras.

    Haberá unha segunda oportunidade para ver e escoitar a Ruper Ordorika, Arkaitz Miner e Jose Angel Irigaray: o martes 15 ás 20:00 horas no Museo de Arte Contemporánea (MARCO) de Vigo.

    A xeira de presentacións rematará como comezou, co poemario “Os ángulos da brasa” e co seu autor. Manuel Álvarez Torneiro estará o martes 22 de maio ás 20:00 horas na Casa das Campás de Pontevedra. Nesta ocasión vai acompañalo a escritora Fina Casalderrey que, xunto con Luís Rei Núñez, fará un repaso pola traxectoria literaria e vital do poeta coruñés.

    “...Leo nas túas mans

    a longa liña da misericordia.

    Leo no minifundio das formigas.

    No regreso das aves.

    Leo en libros cerrados.

    Nos pergamiños que esta luz abrasa.

    Leo nas bibliotecas do salgueiro

    e da frauta,

    na carnación da arxila,

    na verdade do sol no teu ventre de agosto”.

    (Manuel Álvarez Torneiro: “Lecturas”, en Os ángulos da brasa).

    A colección Tambo retornou aos andeis das librarías e das bibliotecas con “Os ángulos da brasa” e “Alén da fronteira, sete poetas vascos”. A estes títulos unirase proximamente “Tríptico”, de Antoni Marí, plasmando así a vocación de Tambo por abrirse a autores doutras linguas traducidos directamente para o galego.

    Lee mas »
Página