Archivos mensuales: Septiembre 2018

  1. NACE KALANDRAKA TV

    NACE KALANDRAKA TV PARA INFORMAR, FORMAR E DIVULGAR A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL

    KALANDRAKA vén de crear unha canle de televisión dixital, www.kalandraka.tv, para xerar contidos informativos especializados no ámbito da Literatura Infantil e Xuvenil, que contribúa á promoción deste xénero e sexa unha ferramenta de formación para creadores, profesionais vencellados ao libro e á lectura, ademais das familias.

    Con 20 anos de traxectoria, recoñecidos co Premio Nacional ao Mellor Labor Editorial Cultural 2012, KALANDRAKA dá o salto ao medio audiovisual para dar a coñecer os artífices dos libros, as súas obras e o proceso de traballo que conlevan. Nesta canle tamén terán visibilidade os espazos onde habitan os libros -bibliotecas, librarías, escolas- e tamén será un punto de referencia sobre novidades editoriais, recomendacións de lectura, actualidade e actividades de promoción lectora

    Lee mas »
  2. PRESENTAMOS... KALANDRAKA TV

    https://youtu.be/J3uTWYkRPWs

     

    Presentamos un novo proxecto! 

    KALANDRAKA TV 

    Canle de televisión dixital sobre Literatura Infantil e Xuvenil

    con entrevistas, reportaxes, actualidade, recomendacións literarias, experiencias lectoras...

    : : ACTO ABERTO AO PÚBLICO o xoves 27 de setembro ás 20:00 horas no Espazo Nemonon (Rúa Marqués de Riestra, 11) de PONTEVEDRA.

    Lee mas »
  3. PRESENTAMOS 'A TORRE', DE ANTONIO SANDOVAL

    “A Vitamina N é a que nos fortalece cada vez que estamos suficiente tempo en contacto coa natureza”

    A Torre”, de Antonio Sandoval, é unha nova aproximación á Torre de Hércules e á súa contorna dende unha visión polisémica do monumento e do territorio circundante. A partir dun paseo, o autor foi recollendo descricións da natureza, sensacións, relatos históricos e míticos, reflexións de actualidade e ideas sobre como cambiar o xeito no que a especie humana se relaciona coa biodiversidade.

    Antonio Sandoval debullará as súas propostas na presentación da obra, este xoves ás 19:30 horas na libraría Moito Conto (

    Lee mas »
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar la experiencia de navegación, y ofrecer contenidos y publicidad de interés. Para obtener más información, consulta nuestra Política de Cookies. Puedes configurar o rechazar las cookies pulsando en el botón configurar cookies.