Archivos mensuales: Agosto 2019

  1. ENTREGA DOS PREMIOS AMIG@S DE PONTEVEDRA

    A entrega dos Premios Amig@s de Pontevedra 2019 foi un acto alegre e compartido non só co equipo de KALANDRAKA, senón tamén con profesionais que veñen contribuíndo a facer realidade cada día o lema da editorial, Libros para soñar: autores e autoras, imprenta, distribución, asesoramento, libreiros, mediadores... Grazas por sumar nunha traxectoria que dura xa 21 anos e por seguir alentando a ilusión. Grazas ao colectivo Amig@s de Pontevedra e ao seu representante, o xornalista Xabier Fortes, por esta xenerosa semblanza.

    Poucas circunstancias marcaron máis a fisionomía social e urbanística de Pontevedra nos últimos cincocentos anos que a súa designación como capital de provincia no primeiro terzo do século pasado. A capitalidade, en dura pugna con Vigo, conflito bélico incluído, supuxo a construción de boa parte da Pontevedra administrativa que hoxe coñecemos. Deputación, Audiencia Provincial, Goberno Civil, Concello... Entre es

    Lee mas »
  2. PREMIO AMIGOS DE PONTEVEDRA 2019

    KALANDRAKA é a entidade premiada este ano por Amig@s de Pontevedra, que leva 48 anos organizando este certame para recoñecer o labor e a traxectoria de persoas e colectivos da cidade. Canda a editorial, tamén resultaron distinguidos, a título individual:

    Silvia Aguete Outón, gardameta do clube Poio-Pescamar de fútbol-sala e da selección española, na que destacou como segunda mellor porteira do mundo e primeira clasificada da Liga estatal.

    Victoria Arosa Ramírez, fundadora da perruquería Victoria, que leva máis de corenta anos aberta ao público, recibe este galardón como "empresaria de éxito e estilista innovadora".

    A traxectoria académica de Montserrat Iglesias Santos está vencellada ás universidades de Pennsylbania e Lovaina, onde completou a súa formación filolóxica e literaria, mais tamén como docente nas universidades de Harvard e Princeton. Estivo á fronte da dirección xeral do Instituto Nacional de Artes Escénicas, foi vicerrectora de Cultura e Comunicación da Unive

    Lee mas »