“Las niñas y los niños necesitan esperanza”, dijo en una ocasión el autor e ilustrador Eric Carle. Los más de 70 libros que publicó desde 1967 -tras una larga etapa profesional vinculado a la publicidad- son una suerte de cápsulas de optimismo, rebosantes de colorido y luminosidad, con historias que desprenden alegría. “Los niños son creativos por naturaleza y capaces de aprender”, explicaba sobre el “mensaje positivo” que plasmaba en sus obras. “Quiero enseñarles que aprender es fascinante y divertido”. Su valiosa aportación a la Literatura Infantil y Juvenil fue reconocida con los Premios de la Feria Internacional de Bolonia y la Asociación Americana de Bibliotecas, entre otras distinciones. Nacido en Siracusa (Nueva York) en 1929, ha fallecido el pasado 23 de mayo. Millones de lectoras y lectores en todo el mundo seguirán recordándole de ahora en adelante cada vez que abran las páginas de sus relatos.

“As nenas e os nenos precisan esperanza”, dixo nunha ocasión o autor e ilustrador Eric Carle. Os máis de 70 libros que comezou a publicar dende 1967 -tras unha longa etapa profesional vencellado á publicidade- son unha sorte de cápsulas de optimismo, que rebordan colorido e luminosidade, con historias que desprenden ledicia. “Os nenos son creativos por natureza e capaces de aprender”, explicaba sobre a “mensaxe positiva” que plasmaba nas súas obras. “Quero ensinarlles que aprender é fascinante e divertido”. A súa valiosa achega á Literatura Infantil e Xuvenil foi recoñecida cos Premios da Feira Internacional de Boloña e da Asociación Americana de Bibliotecas, entre outras distincións. Nacido en Siracusa (Nova York) en 1929, faleceu o pasado 23 de maio. Millóns de lectoras e lectores en todo o mundo seguirán lembrándoo de agora en diante cada vez que abran as páxinas dos seus relatos.

“As crianças precisam de esperança”, disse numa ocasião o escritor e ilustrador Eric Carle. Os mais de 70 livros que publicou desde 1967 – após uma longa carreira profissional dedicada à publicidade – são uma espécie de cápsulas de otimismo, que irradiam luz e cor, e de histórias, que transbordam alegria. “As  crianças são criativas por natureza e capazes de aprender”, explicava ele a propósito da “mensagem positiva” plasmada nas suas obras. “Quero mostrar-lhes que aprender é realmente fascinante e divertido”. A sua valiosa contribuição para a Literatura Infantil e Juvenil foi reconhecida com os Prémios da Feira Internacional de Bolonha e da Associação Americana de Bibliotecas, entre outras distinções. Nascido em Siracusa (Nova Iorque), em 1929, faleceu no passado dia 23 de maio. Por todo o mundo, milhões de leitoras e leitores continuarão doravante a recordá-lo, sempre que folhearem as páginas dos seus livros.