Ratos na escola
Enlazando palabras e versos, unha divertida aventura para volver ao colexio e gozar con todo o que podemos facer e aprender nas súas aulas: xogar, ler, pintar, crear música…
		Logo de «Os ratos da casa» e «Ratos de viaxe», as novas andanzas destes simpáticos roedores transcorren na escola, onde se divirten, aprenden e fan algunhas falcatruadas. Dende o punto de vista literario, «Ratos na escola» mantén a estrutura dos títulos precedentes, con estrofas de catro versos, rima consoante e palabras encadeadas. Este esquema acentúa o ritmo do relato, potencia a súa oralidade e facilita o seguemento da obra por parte dos primeiros lectores. A historia transcorre nun ambiente de xúbilo, humor e emoción polas experiencias tan diversas e enriquecedoras que van compartir. Ata que a xornada chega ao seu fin despois de visitar o ximnasio, a aula de música, a biblioteca e outras estancias do colexio. 
A proposta plástica deste libro destaca polo seu luminoso colorido e polos abundantes detalles: patinetes e cascos, material deportivo, instrumentos, pinturas, libros… son parte da variopinta escenogafía creada por Natalia Colombo.
	
	
	A proposta plástica deste libro destaca polo seu luminoso colorido e polos abundantes detalles: patinetes e cascos, material deportivo, instrumentos, pinturas, libros… son parte da variopinta escenogafía creada por Natalia Colombo.
Otros idiomas:
                            Colección: Obras de autor/a
                                        Edad recomendada: A partir de 3 años   
                                        Páginas: 36
                                        Tamaño: 22 x 22
                                        ISBN: 978-84-1343-091-1
                    
         
 
         


